Saturday 18 de May de 2024

Fashion Night en Fene


Promovida pola Concellería de Promoción Económica, ao fronte da cal está César Castro, en colaboración coa Asociación O Cruceiro de Fene, o vindeiro 25 de Xuño celebrárase en Fene una xornada de Fashion Night na que o comercio e a hostalería de Fene e o Concello organizarán diferentes actividades como un desfile de moda, actuacións musicais e de baile, patinaxe, humor, monólogos, etc xunto coas propias de ofertas e promocións comerciais en cada establecemento.
A implicación dos comerciantes e hosteleiros na participación da xornada de ocio e compras en Fene é moi alta e así o demostra o feito de que son 44 establecementos do concello os que participarán na mesma.
O día 6 de Xuño ás 21 h. os establecementos participantes están convocados no salón de plenos do Concello á primeira xuntanza de coordinación para elaborar conxuntamente o programa de actividades, do que se informará no seu momento.